FAGA Agrobootcamp Lugo 2026

FAGA Agrobootcamp Lugo 2026 é un programa de aceleración intensiva para impulsar proxectos innovadores do sector agroalimentario da provincia de Lugo, posto en marcha pola Fundación Agroalimentaria de Galicia co apoio de la Deputación de Lugo a través da iniciativa “Lugo, valor agroalimentario”.

O programa culmina en dous días de traballo intensivo, nos que se reunirá a persoas emprendedoras, empresas, produtores e gandeiros, técnicos/as, investigadores/as e estudantes para traballar xuntos, con método e co apoio de mentores, e levar cada iniciativa ao seguinte nivel: validar la idea, afinar o modelo e saír cun plan claro para seguir avanzando e facer realidade a idea.

Datas: 15 de decembro e 16 de decembro de 2026 (ata las 17:00h)
Horario: 9.00-17.00 h (ambos os días)
Lugar: Escola de Empresarios e Centro de Formación CEL · Rúa Manuel Murguía, 6, baixo · 27003 Lugo

Que atoparás?

  • Aceleración práctica e áxil, aplicada desde o primeiro minuto ao teu proxecto.
  • Experiencias reais de empresas e emprendedores do sector.
  • Mentorías personalizadas con profesionais con experiencia.
  • Traballo en equipo con perfís complementarios que suman ao proxecto.
  • Guía de próximos pasos e acompañamento para seguir avanzando despois do programa.

Podes formar parte deste programa de aceleración como PROXECTO (para persoas e equipos cunha idea, iniciativa o negocio agroalimentario innovador vencellado a Lugo que desexen validalo, consolidalo ou facelo medrar) ou como PARTICIPANTE (para estudantes, investigadores/as, técnicos/as, empresarios/as e profesionais que queiran sumarse aos equipos dos proxectos e axudar a impulsalos co seu talento e experiencia).

Descobre máis sobre o programa DESCARGANDO ESTE PDF ou no site de inscrición accesible picando NESTA LIGAZÓN.

A través de Agrobootcamp Lugo 2026 búscase cubrir a necesidade de apoio de empresas, persoas emprendedoras e profesionais do sector agroalimentario da provincia de Lugo na adaptación aos novos retos produtivos, tecnolóxicos e comerciais, favorecendo a creación de emprego estable e cualificado, a consolidación dos postos de traballo existentes e a incorporación de novas persoas ao mercado laboral agroalimentario.