A Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA) inicia proximamente novos cursos do plan formativo dirixido ao sector agroalimentario da provincia de Lugo posto en marcha co apoio da Deputación de Lugo e iniciado xa no exercicio 2024.
Desta programación 2024-2025 conformada por un total de 16 cursos, seis xa se impartiron o pasado ano. Nestes momentos, FAGA abre o prazo de inscrición de seis novas accións, dirixidas a grupos de entre 15 e 20 alumnos e totalmente gratuítas para o alumnado.
A duración de cada curso está comprendida entre as 10 e as 120 horas e a modalidade de impartición será mixta, cunha porcentaxe de impartición de contidos online, vía aula virtual, para facilitar a asistencia, e unha parte presencial para facilitar a adquisición de coñecemento de carácter mais práctico.
Aínda que a asistencia é libre, seleccionarase como alumnado primordialmente empresarios e traballadores de empresas do sector agroalimentario así como desempregados e emprendedores interesados en adquirir coñecementos para mellorar as súas opcións de acceso a un emprego ou autoemprego no sector.
Á finalización de cada acción formativa, expedirase ao alumnado que finalice título ou certificado de aproveitamento por parte dunha entidade formativa acreditada.
Novos cursos 2025
Nestes momentos, FAGA abre prazo de inscrición para seis do dez cursos que se impartirán en 2025. Impartirase formación básica para o sector como cursos de xestión comercial na industria agroalimentaria, xemelgos dixitais, dixitalización, carretillas elevadoras, microbiología dos alimentos ou como emprender.
Para participar, é imprescindible inscribirse previamente e esperar confirmación de praza:
CURSO XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA | 120 H. | Do 11/08/2025 ao 26/09/2025
CURSO XEMELGO DIXITAIS NA INDUSTRIA 4.0 | 30 H. | Do 01/09/2025 ao 19/09/2025
CURSO CONDUCCIÓN DE CARRETILLAS ELEVADORAS | 20 H. | Do 08/09/2025 ao 19/09/2025
CURSO MICROBIOLOXÍA DOS ALIMENTOS | 70 H. | Do 22/09/2025 ao 24/10/2025
CURSO XESTIÓN DA DIXITALIZACIÓN NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA | 120 H. | Do 13/10/2025 ao 05/12/2025
CURSO PROCESO DE EMPRENDER NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA | 90 H. | Do 10/11/2025 ao 19/12/2025