O presidente de FAGA reúnese, xunto con outros empresarios de Lugo, con representantes da Cámara de España en Paraguai e doutras organizacións empresariais do país suramericano

O segundo día de traballo na República de Paraguai tivo un carácter intensivo no que primaron as visitas institucionais.

Encabezado polo presidente de FAGA, Carlos Cebrián Esobar, o grupo realizou visitas a diferentes organizacións de carácter empresarial con sede central na capital do país, Asunción.

Concretamente, os empresarios lucenses foron recibidos na Cámara Oficial Española de Comercio e Servizos en Paraguai polo seu presidente, José Martín Lostao, e persoal técnico da entidade. Aquí recibiron orientación sobre como acceder ao mercado do país ou oportunidades de negocio, alén de contactos para posteriores entrevistas individualizadas no país.

Ademais, mantiveron encontros Carlos Insfrán Micossi, presidente da Cámara de Empresas Paraguaias de Alimentación (CEPALI) e con Lourdes Torres, xerente xeral da Cámara Paraguaia de Industrias Lácteas (CAPAINLAC).

CEPALI é un gremio cun forte arraigamento na produción de alimentos e ingredientes a nivel nacional en Paraguai. Promove estándares de calidade e formalización técnica no seu ámbito, e coordinando estreitamente con entidades regulatorias de saúde como o Instituto Nacional de Alimentación e Nutrición (INAN) do Paraguai.

Pola súa banda, CAPAINLAC reúne as industrias lácteas líderes do mercado en Paraguai, representando máis do 80% do leite industrializado neste país, impulsando o seu consumo e o desenvolvemento tecnolóxico neste subsector alimentario.
.