ACTIVIDADES FAGA
A Fundación prevé a realización dunha serie de accións e actividades para a consecución dos seus obxectivos no sector. Como paso previo, inclúe a elaboración en cada caso dun estudo de diagnóstico e perspectiva que analice en profundidade as prioridades de actuación.
Encontros, seminarios e convencións
Entre os empresarios do sector para fomentar a súa solidariedade e interrelación e colaboración mutua.
Premios
Como elemento impulsor de iniciativas empresariais, investigadoras, turísticas, culturais e artísticas.
Actividades formativas especializadas
Fomento de cursos e conferencias de interese que sexan de axuda para as empresas e participantes.
Estudo de problemas
Que se expoñan no sector agroalimentario galego, propoñendo solucións e establecendo diferentes liñas de actuación.
Asociacións e fundacións
Establecer, manter e fomentar relacións con outras Asociacións e Fundacións agroalimentarias, tanto nacionais como estranxeiras.
Administracións públicas
Axuda no desenvolvemento da posta en produción dos terreos abandonados en Galicia, a creación e recuperación de aldeas e patrimonio etnográfico e o retorno de poboación e talento ao medio rural..
Conexións
Promover a conexión do sector agroalimentario galego coa Universidade e os equipos de investigación.
Emprendedores
Promover o espíritu emprendedor e innovador a través da innovación e tecnoloxía