Fundadores
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) é unha organización sen ánimo de lucro, fundada en 1977, que aglutina as asociacións empresariais e empresas da provincia de Lugo baixo libre afiliación. Unha comunidade de empresarios que, ademáis, conta cunha plantilla de profesionais para apoiar o texido empresarial e industrial lucense a través de servizos de asesoramento xurídico, laboral, económico, fiscal ou de formación e emprego, entre outros.
A Escola de Carniceiros de Galicia é un centro de formación que iniciou a súa actividade en 2021 en Castro de Ribeiras de Lea para paliar a falta de persoal cualificado no sector cárnico, un dos grandes problemas desta industria. Ofrece formación especializada de carácter privado e homolagada por entidades públicas.
Embutidos Montepicato é unha fábrica familiar de Embutidos e Salazóns fundada en 1981 e ubicada en Lugo. O que naceu como unha fábrica artesá de chourizos, é hoxe unha moderna fábrica que fai uso dunha sofisticada tecnoloxía que garante a calidade total dos alimentos, pero que continúa empregando os mesmos sistemas artesanais que proporcioaron fama ós embutidos galegos: unha rigurosa selección da materia prima e o afumado natural de leña.
Suministros Megaro Foods é unha empresa con máis de vinte anos no mercado, cuxa fábrica está ubicada no municipio lucense de Castro de Rei. Adicada a elaboración e procesado de produtos cárnicos de vacún, porcino e ovino, aposta pola innovación, a calidade e a internacionalización, sendo hoxe un referente en crecemento.