Formación de FAGA para dinamizar ao sector agroalimentario da provincia de Lugo

A Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA) inicia proximamente un novo plan formativo dirixido ao sector agroalimentario da provincia de Lugo. Posto en marcha co apoio da Deputación de Lugo, a impartición deste programa dilatarase entre 2024 e 2025. O plan está conformado por un total de 16 accións de formación, totalmente gratuítas para o alumnado, dirixidas a grupos de entre 15 e 20 alumnos. O tipo de alumnado seleccionado será primordialmente empresarios e traballadores de empresas do sector agroalimentario así como desempregados e emprendedores interesados en adquirir coñecementos para mellorar as súas opcións de acceso a un emprego ou autoemprego no sector. Desta programación, seis das accións impartiranse no exercicio 2024 e o dez restantes en 2025. A duración de cada acción está comprendida entre as 10 e as 120 horas e a modalidade de impartición será mixta, cunha porcentaxe de impartición de contidos online, vía aula virtual, para facilitar a asistencia, e unha parte presencial para facilitar a adquisición de coñecemento de carácter mais práctico. Á finalización de cada acción formativa, expedirase ao alumnado que finalice título ou certificado de aproveitamento por parte dunha entidade formativa acreditada.

Formación 2024

Nestos momentos, FAGA abre prazo de inscrición para os seis cursos de 2024. Se impartirá formación básica para o sector como cursos de manipulación de alimentos, seguridade e hixiene ou prevención de riscos laborais, a cuestións máis específicas relacionadas coa xestión de redes e marketing dixital, ciberseguridade ou loxística y xestión de almacéns. Para participar, é imprescindible inscribirse previamente e esperar confirmación de praza:

CURSO MANIPULADOR DE ALIMENTOS | 10 H. | Do 7/11/2024 ao 12/12/2024

Programa Inscrición

CURSO MARKETING DIXITAL E REDES SOCIAIS NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA | 120 H. | Do 11/11/2024 ao 11/12/2024

Programa Inscrición

CURSO LOXÍSTICA E XESTIÓN DE ALMACÉNS | 120 H. | Do 18/11/2024 ao 18/12/2024

Programa Inscrición

CURSO SEGURIDADE E HIXIENE EN LA INDUSTRIA ALIMENTARIA | 60 H. | Doi 25/11/2024 ao 19/12/2024

Programa Inscrición

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS QUE DERIVAN DOS LUGARES DE TRABALLO | 60 H. | Do 29/11/2024 ao 16/12/2024

Programa Inscrición

CURSO CIBERSEGURIDADE NA INDUSTRIA AGROALIMENTARIA | 49 H. | Do 9/12/2024 ao 23/12/2024

Programa Inscrición